Que é"Xaque ao Virus"?
Obxectivo do xogo :
O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos, o "antivirus" necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeneral.
Que son os Retos?
Son probas sinxelas que tedes que superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de duas probas:
- Proba CORPO EN FORMA: Serán tareas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer na casa.
- Proba MENTE EN FORMA: Serán tareas que fomentarán o desarrollo da tua creatividade. Con un pouco de imaxinación, seguro que as fas fácilmente.
Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 h. DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.
Como supero os retos?
É moi sinxelo, bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico deste blog: fapasrosario@gmail.com