Para dar o desafío por superado
soamente tes que enviarnos unha foto, un texto ou un vídeo das probas que
realizaches. Recorda que o texto e a foto suman 1 punto, pero se envías
un vídeo gañarás 10 puntos para o teu colexio e 10 antivirus para a loita
contra o Coronavirus.
Ah! se envías unha foto de papá,
mamá facendo tamén a proba sumas un punto extra por cada persoa que convenzas
para facer o reto. Pero se o que consigues é que envíen tamén un vídeo, suman
outros 10 puntos extra por cada vídeo enviado.
Se tes algunha dúbida o
dificultade para superar as probas podes consultalo cos educadores do colexio.
Tes toda a información na pestana "CONSULTAS" da páxina principal
deste blog.