IDIOMA

venres, 27 de marzo de 2020

DESAFÍO 3


Parabéns, se chegastes aquí é que superastes con éxito a segunda proba, así que imos a pola seguinte...

DESAFÍO 3: 27 de marzo do 2020

PROBA CORPO EN FORMA: 
"MANTÉMONOS EN FORMA...CON COUSAS DO FOGAR!"

Nesta corentena é moi importante manterse en forma, e para iso, hoxe imos axudarnos de cousas que atoparemos nas nosas casa. Imos necesitar: - Papel hixiénico - Unha vasoira - E a axuda das nosas mamás e papás

1ºLANZAMENTO HIXIÉNICO

Nesta proba imos ter que demostrar a boa puntería que temos no lanzamento de papel hixiénico.
Colocámonos enfronte de mamá ou papá cun rolo de papel na man, e imos ter que pasárnolo tantas veces como sexamos capaces en 30 segundos, pero estade atentos e áxiles porque non se pode caer ao chan, se non volveredes empezar!



2º O LIMBO DA VASOIRA

Nesta proba imos precisar do pau da vasoira, que nos servirá para xogar ao limbo. Este xogo consiste en que mamá ou papá suxeitan o pau mentres vos ides ter que demostrar o flexibles que podedes chegar a ser, a ver canto podedes chegar a baixar o pau! Mamás e papás animádevos e xogade vos tamén para ver canto podedes baixar!







PROBA MENTE EN FORMA: 

“ Como combater o coronavirus”

Unha vez que xa púxechedes en movemento o voso corpo , vamos a traballar o noso enxeño e para elo imos a converternos en pequenos científicos polo que os propoñemos un experimento, o cal chamarémoslle “ Como combater o coronavirus”. Nel vamos a poder comprobar a importancia que ten o xabón para facer marchar este virus tan malo, que non nos deixa saír das nosas casas.

Para elo precisamos dun prato, auga, pementa negra e xabón.

Pero...como o levaremos acabo?? Estades

preparados??



1,2,3...dentro vídeo!!!




NON VOS ESQUEZADES DE ENVIARNOS AS VOSAS FOTOS E VIDEOS FACENDO OS RETOS!!