IDIOMA

luns, 30 de marzo de 2020

DESAFÍO 4

Parabéns!!!!! Volvíchedes superar os desafíos con éxito!!!! Seguide así e vencerémolo virus!!!
Continuamos...

DESAFÍO 4: 30 de marzo do 2020

PROBA CORPO EN FORMA: 
"Salto de vasoira"


Neste desafío imos utilizar outra vez os elementos da proba anterior, pero de formas distintas, para que vexades como podedes sacar varios xogos cunha soa cousa, só temos que botarlle imaxinación!


Entón os materiais que imos utilizar son a vasoira e o papel hixiénico.

O primeiro será colocar a vasoira ao noso lado desta forma.



O principio do reto consiste en tentar saltar 5 veces dun lado ao outro da vasoira, se pode ser, cos pés xuntos.


Despois engadirémoslle máis dificultade, xa que iremos poñendo rolos de papel hixiénico nas dúas puntas da vasoira para que se levante un pouco e ver ata que altura damos pasado!


PROBA MENTE EN FORMA:
“ Lávate as mans”


No anterior desafío xa podechedes ver a importancia que ten o xabón para facer que marche o coronavirus.

Pois hoxe neste desafío vamos a ensinarvos o importante que e lavarse correctamente as mans.

Para elo precisaremos de rotuladores, auga, xabón e papel desbotable.


Estades preparados???



Pois alá vai...dentro VÍDEO!!!
                   




E ROCORDADE!

1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ DO TEU COLEXIO QUE NON ESTA NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 


NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA

Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail de resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9





Esperamos os vosos videos e fotos superando estas probas, e esperamos que as nais, os pais e os vosos amiguitos tamén se animen e participen!

MOITO ÁNIMO!!!