IDIOMA

luns, 23 de marzo de 2020

DESAFÍO 1


DESAFÍO 1: 23 de marzo do 2020

PROBA MENTE EN FORMA:
"A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso este lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo que resulta obligatoria pra todos, nestos días e que nos une e fai fortes.
O desafío consiste en facer visible o lema #QuedateNaCasa en debuxos, carteis, pinturas na cara ou da maneira que se vos ocorra.




PROBA CORPO EN FORMA:
"Quentando motores" 


Pra manterse en forma hai que exercitarse en casa. Propoñémoste facer 5 exercicios sencillos para comezar ben o día:

Exercicio 1: De pé poñéndose de puntillas. Repetir 10 veces
Exercicio 2: De pé  coas máns na cintura xirar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara diante cos brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara arriba cos brazos.
Exercicio 5: De pé e coas máns na cintura xirar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.



"PUNTUACIÓN"

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".

1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ DO TEU COLEXIO QUE NON ESTA NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 


NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA



Atréveste?? Pois adiante….