Boas Campións!!!Que tal estades???? Onte celebrastedes moito o "Día do Libro"?
Pois... hoxe xa estamos no desafío 15
e
esperamos que esteades preparados para
seguir facéndoo tan ben como ata
agora!!
DESAFÍO 15: 24 de abril do 2020.
PROBA MENTE EN FORMA:
“ GRAZAS CORREOS”
Neste
desafío imos seguir dando as “ GRAZAS” a outros profesionais que seguen
traballando neste tempo de coroavirus. Hoxe tócalles aos de CORREOS, os que están
poñendo en risco a súa vida para que poidamos recibir as nosas cartas e pedidos.
Para
iso imos crear unha "caixa de correos" e un "sobre" onde imos a escribir a palabra “
GRAZAS” para todas as persoas que traballan neste sector.
Estades
preparados?? Pois ala van todos os pasos que temos que seguir...
En
primeiro lugar, imos a ensinar como
facer a nosa caixa de correos. Para elo necesitaremos unha caixa de zapatos,
que teñades pola vosa casa, unha regra, unha folla en branco, lapis, goma, por se temos que borrar ,pinturas ou
rotuladores, tesoiras, cola e un cortador, se non tedes podedes empregar un
coitelo.
1. Unha vez que teñamos tódolos materias
preparados. Comezamos medindo coa regra a tapa da nosa caixa de zapatos.
Mediremos o longo e o ancho e apuntamos a medidas na mesma tapa ou nunha
folla a parte.
2. Cando xa teñamos as medidas imos ter que pasalas
na nosa folla en branco. Para iso, imos empregar outra vez a nosa regra e o
lapis.
3. Xa feito o paso dous, imos ter que debuxar na parte
superior da tapa que pasamos na nosa folla, a entrada onde imos ter que
botar as cartas. Simplemente tedes que trazar un liña recta con bastante
grosor, para que colla ben o sobre que temos que botar en dita caixa de
correos.
4. Agora ven a parte que a todos nos gusta que é a de
colorear. Pois si, imos ter que pintar a nosa caixa de correos. Pero antes
de elixir as cores, temos que pensar...de que cor é a caixa de CORREOS? É amarela.
A que si? Entón teremos que coller dita cor, ben sexa pintura,
lapis de cor, ceras brandas, rotulador..., a que queirades! E pintamos
toda a tapa que reproducimos na nosa folla en branco. Unha vez que teñamos
todo pintado con esta cor, nós rotulamos co negro a franxa que fixemos
para botar as cartas.
5. O seguinte paso vai a ser escribir, máis ou menos no
medio, a palabra “CORREOS”. Podedes facelo primeiro con lapis por se tedes
que borrar e despois rotulalo coa cor que queirades, nós empregámolo
negro.
6. Despois imos ter que empregar as nosas tesoiras e
recortamos a nosa tapa, seguindo moi ben as liñas.
7. Xa recortada, chega o momento de empregar a nosa
cola e pegar o noso debuxo na tapa. Deixándoa secar un anaco.
8. Case a temos rematada...Agora chega o momento onde as
nosas nais ou pais van ter que axudarnos. Xa que, terán que cortar cun
cortador ou coitelo, a franxa por onde se botan a cartas.
9. Finalmente temos a nosa caixa de correos.
Unha
vez feita a nosa caixa de correos pasaremos a facer o sobre, o cal precisaremos
unha folla en branco ou de cores. Nós reciclamos unha que tiñamos na casa para
non gastar tanto papel, vós podedes facer o mesmo.
Para
iso deixámosvos un enlace o cal seguimos para facer o noso sobre.
1. Cando xa o teñamos feito escribimos a palabra“
GRAZAS” cun rotulador, en dito sobre. Nós os escribimos tanto en galego
como en castelá, vós podedes facelo tamén ou elixir o idioma que
queirades.
2. Xa rematado o botamos na nosa caixa de correos. Para
que os nosos carteiros reciban a nosa mensaxe. MOITAS GRAZAS!!!
PROBA CORPO EN FORMA
"A MOVER O CUIÑO"
É hora de mover ese cu e facer exercicio coma nos ximnasios, así que vamos a elo.
1º O primeiro consiste en facer 10 agachamentos (sentadillas)
2º O segundo será facer 10 pasos con agachamento con cada perna.
3º O seguinte será facer 10 saltos de tesoira
4º E para rematar, 10 saltos laterais con agachamentos.
Sabemos que estades todo en forma, así que esto non será nada para vós! Mans a obra!
Esperamos que vos gusten estos retos e vos divirtades o fin de semana facéndoos!!!!
NON VOS ESQUEZADES DE ENVIARNOS AS VOSAS FOTOS E VIDEOS!!!
😃😃😃
"PUNTUACIÓN"
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM: 5 PUNTOS
Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo email de resposta:
(: MOITÍSIMO ÁNIMO!!!!!! :)