IDIOMA

mércores, 29 de abril de 2020

DESAFÍO 17

Parabéns!!!! Se chegáchedes aquí é que superastes con éxito nada máis e nada menos que 16 probas!!!!, así que imos a pola número 17!!!!



DESAFÍO 17: 29 de abril do 2020
PROBA MENTE EN FORMA
"GRAZAS PROFES"


Seguimos dando as grazas, e hoxe toca darllas a tódolos que traballan no Ámbito Educativo, xa que tanto os Profesores como o resto de personal seguen traballando con nós dende as súas casas para que non nos olvidemos do importante que é continuar o cole nas nosas casas. Por iso hoxe agradecémoslles a eles con esta manualidade: Un lapis de cartón!!! Para iso necesitaremos: -Cartón.
-Unha cartolina azul, negra, naranxa e amarela ( se non temos collemos un folio e pintámolo desas cores ou as que máis vos gusten).
- Unhas tesoiras.

- Uns rotuladores de cores.
- Lapis.
- Pegamento. -Ollos.
O primeiro que imos facer é debuxar no cartón un lapis.

O segundo paso, é recortalo:
O terceiro paso e debuxar as partes do lapis e recortalas:
O cuarto paso é escribir a palabra "GRAZAS" e debuxar unha cara feliz 😃 e por último pegámolo. O noso quedounos así:



Que tal?? como vos quedaron esos lapis??? 

PROBA CORPO EN FORMA
"BAILEMOS"

Sabedes que pasa se nos poñemos diante dun espello? Pois claro, que o reflexo fai o mesmo ca nos, pois iso é o que temos que facer hoxe con este baile. A canción vai decir o que tenemos que facer dentro dun cadrado e nos tenemos que facelo coma se fósemos un reflexo do espello.

Moita sorte!


E a BAILARRRRRRRRRRRRRR!!!!!!!!!!!!!
💃💃💃NON VOS ESQUEZADES DE ENVIARNOS AS VOSAS FOTOS E VIDEOS FACENDO OS RETOS!!
😃😃😃


"PUNTUACIÓN"

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".

1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM:  5 PUNTOS

Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo email de resposta: 



(: MOITÍSIMO ÁNIMO!!!!!! :) 

Ningún comentario: