SODES OS MELLORES!! O ESTADES FACENDO XENIAL!!!
Xa preparados para o último desafío desta semana?
DESAFÍO 12: 17 de abril do 2020.
PROBA DE MENTE EN FORMA:
“GRAZAS BOMBEIROS”
Como podedes ver hai moita xente traballando e poñendo en risco a súa vida
por nós. Por iso, vemos adecuado agradecer o seu gran traballo.
Hoxe imos darlle as “GRAZAS” os “BOMBEIROS” que en todo este tempo do coroavirus
seguen como uns campións o pé do canon.
Para iso, imos debuxar e colorear un casco de bombeiro onde lle imos dar
as “GRAZAS”. O único que imos precisar vai ser dúas follas, unha cuadriculada e
outra en branco; un lapis, ben afiado a
poder ser; goma; rotulador negro e
pinturas as que queirades ou teñades nas vosas casas, nós as que máis empregamos
foron a vermella e o amarelo.
Unha vez dito isto, vos deixamos os pasos a seguir para facer dito casco.
En primeiro lugar, deixámosvos un
enlace para que os orientedes para debuxar o casco, que foi o que utilizamos
nós para facelo.
1. Comezamos a debuxar co lapis o noso esbozo.
Para elo e conveniente facelo nunha folla cuadriculada, xa que así será
moito máis doado para facelo.
2. Cando xa o teñamos feito o rotulamos
cun rotulador negro.
3. Unha vez listo pasamos a calcalo
nunha folla en branco.
4. Para calcalo empregaremos tamén o
lapis e despois o rotularemos co rotulador negro. Para que nos quede
mellor borraremos ben o lapis que esta debaixo do rotulado.
5. Agora ven a parte máis divertida!!
Preparamos as nosas pinturas e o comezamos a pintar.
6. Cando o teñamos todo coloreado
collemos un rotulador. Nós empregámolo negro, pero vós podedes coller o
que máis os guste, non obstante que se vexa moi ben, xa que imos ter que escribir
en letra moi grande as palabras “BOMBEIROS” e “GRAZAS” no noso debuxo.
ESPERAMOS QUE OS QUEDEN UNS CASCOS DE
BOMBEIROS FERMOSOS E QUE OS
COMPARTADES CON
NÓS, XA QUE ELES O MERECEN!!!
: )
PROBA CORPO EN FORMA:
"XOGO DE ANIMAIS"
Como sabemos que vos gustan moitísmo os animáis , hoxe vamos facer o quecemento dando voltas ao corredor como se fósemos un animal.
Sabedes como quentan os animais? Pois cada animal móvese de forma diferente, queredes probar con nós??? Comezamos!:
O primero que imos imitar é o pingüín: andaremos como un pingüín cos pés xuntos polo corredor, debemos xuntar os talóns e tentar andar separándoos o menos posible.
O segundo, o elefante: estiramos un brazo diante da cara, pasamos o outro brazo por baixo do estirado e dobramos o cóbado para tentar collernos o nariz, dese xeito o brazo estirado queda suxeito co outro brazo e utilizarémolo de trompa.
O terceiro, o tigre: andamos a gatiñas mentres ruximos.
O cuarto, o canguro: damos saltos fortes coas dúas pernas.
E por último a ra: damos saltitos pequenos cos pés xuntos
Cal vos gustou máis imitar???? Estamos desexando ver os vídeos e as fotos tan divertidas coma sempre!!!!!
"PUNTUACIÓN"
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".
1 FOTO: 1 PUNTO
1 VÍDEO: 10 PUNTOS
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM: 5 PUNTOS
Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo email de resposta:
(: MOITÍSIMO ÁNIMO!!!!!! :)
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.