IDIOMA

luns, 20 de abril de 2020

DESAFÍO 13


Como foi o fin de semana??? Esperamos que moi ben!!! Sabedes unha cousa… estádelo facendo tan tan ben que chegáchedes o desafío número 13!!!! Adiante...


DESAFÍO 13: 20 de abril do 2020
PROBA MENTE EN FORMA
"GRAZAS ÁMBITO PESQUEIRO"

Seguimos dando as grazas, e hoxe toca darllas a todos os que traballan no mar, xa que grazas a eles temos peixe para comer. Por iso, no desafío de hoxe vamos a darlle as GRAZAS dunha forma moi especial.
Para iso precisamos de:
- Un folio.
- Unha cartolina azul ( se non temos collemos un folio e pintámolo de azul).
- Unhas tesoiras.
- Uns rotuladores de cores.
- Lápis.
- Fixo.

O primeiro que temos que facer é debuxar na cartulina a forma do pez ( o que queiramos), e no medio co lápis dividímolo en dúas partes.

O segundo que imos facer é escribir no folio cós rotuladores a palabra Grazas.

O terceiro paso é recortalo e a continuación poñemos o fixo nas dúas partes da cola, e pegámolo nas pinzas.

No cuarto paso, vámoslle pegar a palabra grazas na parte de arriba do peixe.

Como vedes se non abrimos as pinzas non se ve nada dentro da boca...
Pero si o abrimos..... Voilà!


GRAZAS ÁMBITO PESQUEIRO!!!!
PROBA CORPO EN FORMA:
                                              “O Semáforo”
Hoxe para mover un pouco o noso corpo neste tempo de coroavirus...imos proporvos xogar ao “Semáforo”. E os preguntaredes, pero como imos xogar o semáforo se os semáforos estan na rúa e nós non podemos saír das nosas casas? Pois vai ser moi doado porque o único que imos necesitar para este xogo van ser as cores do semáforo, as cales como ben sabedes son a VERMELLA, VERDE e AMARELO.

Antes de comezar a xogar imos ter que elaborar unhas tarxetas con estas cores, ben sexa con cartolina ou mesmo collemos unha folla en branco, pintamos tres cadrados cada un coas ditas cores e os recortamos para que nos quedan individuais. Para este xogo imos precisar que a nosa nai, pai ou irmá teñan con eles as tarxetas, xa que serán os que nos van a ter que indicar a cor que vai a saír, é dicir van ser a nosas mans inocentes.

Unha vez dito isto comezamos co xogo...

TARXETA VERDE:  A primeira vez que nos saia esta,  imos  ter que camiñar libremente polo salón da nosa casa para ir quentando un pouco o noso corpo. En cambio as seguintes veces que nos volva a saír esta cor teredes que saltar o máis alto que poidades, tendo moito coidado de non mancarse .


PRIMEIRA VEZ:  

OUTRAS VECES:

TARXETA VERMELLA: Se nos sae esta cor simplemente imos ter que quedarnos quietos, paralizados como se foramos cúbitos de xeo.

TARXETA AMARELA – AMBAR : No momento que nos saia esta tarxeta imos que ter que dar un paso para adiante e outro para atrás.


PASIÑO ADIANTE:






PASIÑO ATRÁS: 






Todo isto o imos ter que facer simultáneamente ata que nos cansemos.


Esperamos que o pasedes xenial!! E xa sabedes, se queredes gravarvos facendo dito xogo e tamén o peixe , encantaríanos ver o ben que o pasades e poder compartilo no noso BLOG!! 
; )



"PUNTUACIÓN"

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".





1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM:  5 PUNTOS

Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo email de resposta: 



(: MOITÍSIMO ÁNIMO!!!!!! :) 





























Ningún comentario: