Así se fai!!!! Sodes uns CRACKS!!!! Seguimos cos nosos desafíos...
DESAFÍO 5: 1 de abril do 2020
PROBA CORPO EN FORMA:
"COROA RAP"
Neste caso imos poñerlle un pouco de marcha e bos hábitos para esquivar ao Covid-19. Adiviñades como?.
Pois co "Rap da tose e o cóbado". Imos poñer a proba as túas dotes artísticas.
Deixámosche a ligazón para que poidas practicar:
PROBA MENTE EN FORMA:
"Érase unha vez o Coronavirus"
Hoxe vamos contar un conto!!! pero
fixádevos ben! pois aparece unha coroa que logo tedes que facer vós!!!!
Dende o Norte ata o Sur, dende o Este
o polo Oeste, un inimigo de Thor avanza coma a peste, doulle a volta a todo o
mundo en apenas un segundo, e armouse unha tolemia por culpa desta pandemia…
Como era o rei dos virus e levaba unha coroa, chamoulle CORONAVIRUS, e armouse
unha BOA!!!
A todos quería atrapar para facelos
enfermar e o mundo empezou a pensar… Como se pode matar?
A primeira das ideas foi do pato Don
patan, que era de toda a aldea o máis limpo e o máis saudable.
-Tedes que lavar as mans con
auga e con xabón.
-Durante canto tempo??? Pois o que
dure unha canción.
Tamén chegou de repente o enxeñoso
zorro e díxolle a toda xente que tiña que tose (tose) no cóbado!!! e que
evitasen tocar nariz , boca e ollos.
Tamén veu un paxaro (asubío) que nos
contou co seu pico que había que ter coidado de non abrazar nin dar bicos. E
que nada de viaxar!! Nin polo aire nin polo mar se queríamos rematar con este
virus fatal.
E que así como todos xuntos podíamos
ver as estrelas…tamén todos XUNTOS podemos VENCER esta pandemia.
Pero o máis importante é que hai que
quedar NA CASA!!! Porque este virus viaxeiro, o COVIC-19 morre en SÓ UNS
DÍAS!!! Se ninguén se move!!!
E agora toca obedece as nosas
autoridades que nos queren protexer e así evítanos os males! Así que aproveita
ben o tempo e desfruta da túa familia, que seguramente en pouco tempo...
atoparán a vacina.
E colorín colorado,
Este conto está rematado!!!
Gustouvos o conto??? Esperamos que si!!!!
Agora mans a obra! A facer unha coroa!!!
"PUNTUACIÓN"
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".
1 FOTO: 1 PUNTO
1 VÍDEO: 10 PUNTOS
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ DO TEU COLEXIO QUE NON ESTA NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
Lembra que se estas interesado en que se publique a
resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no
mesmo mail de resposta:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
(: MOITÍSIMO ÁNIMO!!!!!! :)