IDIOMA

venres, 3 de abril de 2020

DESAFÍO 6


Parabéns!!!!! Sodes uns campións superáchedes os anteriores desafíos con éxito!! Se seguimos así vencerémolo o virus!! Estades preparados para o seguinte desafío ? Pois ala vai....


DESAFÍO 6: 3 de abril do 2020
PROBA CORPO EN FORMA: 

Xogamos os bolos cos rolos? 
Que vos parece se xogamos un pouco os bolos para por en movemento o noso corpo??

Para elo, imos seguir empregando materiais que temos nas nosas casas como son os rolos de papel hixiénico e unha vasoira.

O que teremos que facer será tres torres con  rolos de papel hixiénico, as cales colocaremos xuntas. 


Rollos De La Pila De La Torre Del Papel Higiénico Aislados En ...
Despois teremos que situarnos a unha boa distancia. 
Para elo contaremos  10 pasos en liña recta desde as nosas torres que será desde onde teremos que tirar a noso rolo de papel hixiénico, o cal podedes sinalar escribindo o voso nome cun rotulador para tirar os das torres, cantos máis tiremos mellor. Para sinalar dende onde temos que tirar podemos poñer unha vasoira tombada para non pasarnos da liña.


Estades preparados para comezar a partida?


Pois adiante...A tirar moitos rolos de papel hixiénico!!! : )



PROBA MENTE EN FORMA

"Acreditación de Xaque ao virus"

Xa no desafío 6...Creemos que estades listos para ter vosa propia acreditación. E preguntaredes "Pero que é unha acreditación?" Pois unha acreditación é unha tarxeta que di que sodes participantes deste xogo! Moi ben, agora ensinarémosvos os pasos para seguir para facer vosa propia acreditación! 1º Debuxamos un rectángulo como o da imaxe, nós utilizamos as medidas de 15 cm de ancho por 9 cm de alto.
2º Escribimos os nosos datos: - Primeiro poñemos o nome do xogo. - Despois poñeremos o noso nome. - E por último o nome do noso cole.

3º Adornámolo ao noso gusto! Neste caso, Uxía debuxou un virus e abaixo puxo unha frase de ánimo, pero vós podedes facelo ao voso gusto.

TAMÉN PODEDES ANIMAR OS VOSOS PAIS E AMIGOS PARA QUE FAGAN AS SÚAS ACREDITACIÓNS!


"PUNTUACIÓN"

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".

1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ DO TEU COLEXIO QUE NON ESTA NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
   



Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail de resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9



MOITO ÁNIMOOO!! :)