IDIOMA

luns, 6 de abril de 2020

DESAFÍO 7

Sodes xa uns expertos neste xogo!!! superades todos os retos que vos poñemos, sodes incribles mozos e mozas, e  mamispapis que seguro que os axudades moitísimo! A partir de agora vamos subir de nivel e vamos facer cousas un pouquiño máis complicadas...Estades listos? Vamos polo seguinte reto!


DESAFÍO 7: 6 de abril do 2020
PROBA CORPO EN FORMA:

Cal creedes que é unha das partes mais importantes do corpo? Nós pensamos que son os pés e as pernas, xa que nos deixan andar, correr, xogar,... así que é moi importante estirar ben e facer uns pequenos exercicios para non lesionarnos, IMOS A ISO!


1º Poñémonos no bico dos pés sobre un pé 10 segundos, e despois outros 10 sobre o outro e repetimos así dúas veces.

2º Toca sobre os talóns, 10 segundos un pé e 10 o outro, e así dúas veces.

3º É a quenda dos nocellos! Imos virar durante 15 segundo cada un.

4º Despois collémonos un nocello e dobramos a pernas desta maneira.

AGUANTAMOS 10 SEGUNDOS CON CADA PERNA

5º Imos para o chan! Estiramos unha perna e a outra a mantemos dobrada, desta maneira.

Tentamos tocar a punto do pé e aguantamos 15 segundos con cada perna!

6º E por último, pero non menos importante volvemos poñer de pé e tentamos tocar coas mans as puntas dos pés sen dobrar as pernas, mantendo as o mais estiradas posibles, desta forma:



Despois de realizar estes estiramentos xa estariades listos para realizar calquera tipo de exercicio, ademáis tamén veñen moi ben para estes días en casa que non podemos movernos moito!
PROBA MENTE EN FORMA:
"GRAZAS Ámbito Sanitario"

Neste apartado o que imos facer é darlle as grazas a todo o persoal do ámbito sanitario, e para iso faremos unha bata branca. 
Estades preparados para escoitar como se fai en lingua oral e lingua de signos??? 
Pois….dentro vídeo➡️📹



"PUNTUACIÓN"
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".
1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO: 10 PUNTOS
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ DO TEU COLEXIO QUE NON ESTA NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
  
Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail de resposta:

(: MOITO ÁNIMOOO!! :)