Ola de novo, como estades? Como xa sabedes, a Semana Santa xa comezou e por iso queremos facer a seguinte proposta:
ESTA SEMANA SANTA CAMPAMOS
1.Construír unha tenda de campaña no salón ou outro lugar da casa.
Por exemplo: Debaixo dunha mesa,con manteis,sabas,mantas…cun cordón colgante dun lado a outro da habitación;con cadeiras...poñer debaixo alfombras,mantas,colchóns..
2.Decorar a tenda: Con estrelas colgantes de cores, facer lunas, soles, árbores, debuxos, utilizar coxíns, almofadas…
3.Destinar rincóns: Libros nun rincón con lanterna noutros xogos de cartas ou taboeiros, walkies…
4.Fora da tenda: Acondicionar un lugar para comer, cantar e compartir en familia.
5.Durante uns días: Facer as actividades típicas de estar de campamento, pra saír da rutina. Como comer e dormir en lugares diferentes ós habituáis, xogar ás cartas, contar contos coa lanterna, xogos de sombras...
O mellor de todo isto é que este campamento pode ser en familia :)