IDIOMA

venres, 1 de maio de 2020

DESAFÍO 18



MOI BEN CRACKS!! Xa unha semana menos!! Estades 

preparados para o seguinte desafío??? Pois ala vai...



DESAFÍO 18: 1 de maio do 2020

PROBA MENTE EN FORMA


“ GRAZAS POR RECOLLER O NOSO LIXO”



Hoxe tócanos darlle as “GRAZAS” o persoal que recolle tódolos días o lixo das nosas casas. Xa que están facendo tamén unha gran labor por nós.

Para este desafío o que precisamos vai ser unha bolsa do lixo, unha folla, lapis, goma de borrar, cola e pinturas.


                   


Unha vez que teñamos preparados todos estes materiais temos que seguir os seguintes pasos.

1. Imos ter que escribir con lapis na nosa folla en branco a frase “ MOITAS GRAZAS POR RECOLLER O NOSO LIXO” e cando a teñamos escrita teremos que facerlle un debuxo. Nós fixemos uns aplausos pero vos podedes facer o que queirades, sempre que sexa unha mostra de agradecemento ou algo relacionado co seu traballo, como por exemplo o seu camión de lixo.



2. Cando xa o teñamos feito a lapis chega o momento de rotular as nosas letras e o debuxo que lle fixemos. Nós empregamos este tipo de letras pero vós podedes facer as letras como queirades. O importante é que se lea a mensaxe. Despois de esperar un anaco, para que nos quede mellor, borraremos cunha goma o lapis que queda por abaixo do rotulador.





3. Unha vez rotulado pasamos a pintar as letras e o noso debuxo, empregando as cores que queiramos. 




4. Xa todo pintado colleremos a nosa cola e botaremos bastante pola parte de atrás e o pegaremos máis ou menos no medio da bolsa.   
  


  
5. E finalmente xa temos a nosa bolsa de lixo preparada para botar o lixo e despois levalo para o noso contedor. Así cando vaian recoller a nosa bolsa seguro que lle sacamos un sorriso de agradecemento a persoa que nola recolla, xa que ben o merecen. 


 
Seguro que as vosas bolsas de lixo quedan fermosas e encantaríanos que as compartades con nós para podelas ver e subilas no noso BLOG. : )


PROBA CORPO EN FORMA: 
` O GUSANO ´
Sabes como se desplaza un gusano? Serás capaz de percorrer o pasillo da túa casa movéndote como este animal?
Precisades:
Unha manta, saco de dormir ou toalla


 Teredes que enrolarvos e probar imitar un gusano como o facemos neste exemplo:


Qué tal foi? Difícil??? Moito ánimo que seguro que o pasades ben!!! Jeje!!!
"PUNTUACIÓN"

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".


1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM:  5 PUNTOS

Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo email de resposta: 



(: MOITÍSIMO ÁNIMO!!!!!! :) 

Ningún comentario: