Ola familias!!
Como foi este fin de semana???Gustouvos o conto de onte??? Esperamos que si!! jeje!!
Estades preparad@s para o seguinte desafío??
Pois ala vai...
PROBA MENTE EN FORMA:
Como xa vos dixemos a semana pasada,os luns van ser un pouco diferentes, e por iso continuamos preguntándovos o que facedes no voso día a día. Queremos ver todas esas FOTOS DIVERTÍNDOVOS! No caso de hoxe, vos pedimos que nos mandedes fotos do voso xoguete favorito!!! Co cal tódolos días pasades un anaquiño xogando con el!!!
Así que xa sabedes, a xogar co voso xoguete favorito e facédelle unha foto jejeje!!!!
PROBA CORPO EN FORMA:
"Come pelotas"
Neste reto,como sabemos que vos gusta moito xogar con pelotas, queremos que o pasedes moi ben con seguinte xogo, e para iso precisamos:
1ª Garrafa de auga
2ª Tesoiras
3ª Goma eva
4ª Un rotulador
5ª Cola
6ªFolios
Primeiro, o que imos facer é coller a garrafa da auga vacía, e coa axuda dos vosos pais, recortámola polo medio en forma rectangular.
Segundo, collemos a goma eva de calquera cor e cun rotulador debuxamos uns ollos e unha boca; despois con axuda dos vosos pais recortámola.
Terceiro, novamente coa axuda dos vosos pais, collemos a cola e botámoslle pola parte de detrás dos ollos e da boca..
Quedaría desta forma:
Cuarto paso, unha vez feito iso, collemos os folios e facemos as bolas de papel e tratamos de encestar en noso come pelotas.
Como vos quedaron??? Agora a divertirse!!!!!!!!
😃😃😃
"PUNTUACIÓN"
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e
gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o
coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio
será 10 puntos e 10 "antivirus".
1 FOTO: 1 PUNTO
1 VÍDEO: 10 PUNTOS
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM: 5 PUNTOS
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM: 5 PUNTOS
Lembra
que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto,
debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou
autorizarnos no mesmo email de resposta:
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.