IDIOMA

mércores, 13 de maio de 2020

DESAFÍO 23

Estades a facer un traballo incrible, seguir así que xa queda pouco!

DESAFÍO 23: 13 DE MAIO DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA
"FACEMOS PAN NA CASA"

Como ben di o título, hoxe tócanos aprender o gran traballo que realizan os panadeiros a diario, pero vai ser un pouquiño diferente, xa que vos imos ensinar como se fai nun forno antigo, como o facían os nosos avós e os seus avós antes que eles, estades listos? Collede un caderno e tomade nota!

1. INGREDIENTES:
- 1kg de fariña.
- 600cl de auga templada tirando a fría.
- 20gr de sal.
- 20 de levadura.


2. MESTURAMOS OS INGREDIENTES
- Nun recipiente botamos un pouco de auga para ir desfacendo a levadura.
- A parte facemos un montón de fariña cun oco no medio, e nese oco imos engadindo pouco a pouco a auga e mesturando ca fariña, e tamen engadimos a auga ca levadura e a sal.
- Imos mesturando e engadindo os ingredientes pouco a pouco ata obter unha masa homoxénea.



Como vedes na imaxen nós utilizamos unha máquina para amasar xa que tenemos moita cantidade de ingredientes como para amasalos a man, pero vós no casa podedes facelo a man.


3. DEIXAMOS REPOUSAR

Unha vez este todo ben mesturado deixamos repousar por unha hora, e mentres vamos quentando o formo.
No noso caso, como vedes na foto, é un formo moi grande e non funciona con electricidade, polo que teremos que meter leña dentro e prenderlle lume por unha hora ou hora e media. Sabremos que o formo esta quente por os ladrillos de dentro pasan de cor negro a branco, e unha vez estén todos brancos, botamos as cinzas por un burato que ten no medio o forno.


No voso caso quentaremos o forno a 200ºC por uns 30 minutos.

4. PREPARAMOS A MASA

Unha vez repuosada a nosa masa empezamos a facer os nosos boliños, barras, tortas ou as formas que prefirades.
Non vos esquezades de ir botando fariña nas vosas mans para que non se vos pegue a masa aos dedos.


5. AO FORNO!
Unha vez ben quente o forno preparamos para meter o noso pan.
No noso caso precisamos de berzas, para o que o pan non se pegue ao noso forno, polo que imos poñendo un boliña sobre enrriba da berza e imos colocando para que entren todos.
Nós tamén fixemos un par de empanadas e boliños preñados.


6. A COMER!
Agora o último paso sería vixiar que non se nos queime o pan, e cando esté doradito por fora e vexades que está ben cruxiente sacámolo e disfrutamos do noso pan caseiro!



PROBA CORPO EN FORMA
"A MOVER O ESQUELETO"

Oxe queríamos probar algo un pouco diferente, por eso vos retamos a facer esta pedazo de coreografía de "funky" moderno, a mover esos pes!!


E nos vos esquezades de enviarnos os vosos videos facendo esta pedazo de coreografía!


😃😃😃
"PUNTUACIÓN"

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".


1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM:  5 PUNTOS

Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo email de resposta: 



(: MOITÍSIMO ÁNIMO!!!!!

Ningún comentario: