Xa estamos a metade de mes, estamos alucinando co gran traballo que facedes desde as vosas casas, seguir así!
DESAFÍO 24: 15 DE MAIO DE 2020
PROBA MENTE EN FORMA
"As pitas baixo a choiva"
Esperamos que desfrutedes moito e nos mandedes os vosos vídeos tamén para ver o ben que vos quedaron as vosas marionetas e como disfrútastedes do conto con elas. : )
PROBA CORPO EN FORMA
"Xogando cos globos"
😃😃😃
"As pitas baixo a choiva"
O desafío de hoxe vai a ser un pouco especial. Xa que como ben sabedes o día 17 de maio é o día das “ Letras Galegas”. Por iso, no ultimo desafío da semana queremos dedicarlle unha parte a este día tan especial que é para nosa terra.
Para iso, imos proporvos traballar con un conto moi chulo chamado "As pitas baixo a choiva" escrito por Ricardo Carvalho Calero que é o escritor ao que se lle dedica este ano as " Letras Gallegas".
Non sabemos si tod@s coñecedes dito conto por iso ímolo deixar a continuación para que o podades ver e desfrutar.
Unha vez que xa o
vimos e desfrutamos imos traballar un pouco con el. Como podestedes ver as
protagonistas do conto son as pitas e o galo.
Para o que imos facer necesitamos os seguintes materiais:
-Os cales van a ser follas en branco.
-Lapis.
-Goma por se nos equivocamos.
-Rotulador negro,
-Pinturas.
-Tesoiras.
-Pallas.
-Celo.
En primeiro lugar
imos a debuxar e colorear unhas pitas e
un galo. Para iso, nós seguimos o bosquexo dos seguintes vídeos que os deixamos de seguido.
Polo tanto, coa
axuda das vosas nais, pais ou irmás comezamos debuxando a pita e o galo co
lapis.
Cando xa os teñamos rematados os rotulamos cun rotulador escuro, nós empregamos o negro pero vos
podedes utilizar o que queirades, sempre que se vexa ben.
Nós como no conto
se fala de varias pitas calcamos outra pita coa que xa temos feita e a
rotulamos tamén. Cando rematemos para que nos quede mellor borramos o lapis que
temos debaixo do rotulador.
Unha vez que xa
os temos debuxados, pasamos a colorealos.
Xa rematados, que vos parece se convertemos as nosos debuxos en marionetas? Para iso coa axuda tamén
das vosas nais, pais ou irmás recortamos os nosos debuxos.
De seguido
collemos unha palla para cada protagonista e a pegamos con celo pola parte de atrás.
E finalmente, xa
temos a nosas marionetas para poder desfrutar de dito conto dunha forma
distinta.
Queredes ver como
o fixemos nós? Pois ala vai... Dentro vídeo!!!
Esperamos que desfrutedes moito e nos mandedes os vosos vídeos tamén para ver o ben que vos quedaron as vosas marionetas e como disfrútastedes do conto con elas. : )
PROBA CORPO EN FORMA
"Xogando cos globos"
Neste desafío imos continuar xogando cunha
cousa que sabemos que vos gusta moito OS GLOBOS!!! Para iso, imos utilizar un globo (si non
vos gusta podedes facelo cunha pelota) pero non xogaremos da misma forma que
outras veces,se non de formas distintas, para que vexades como podedes sacar
varios xogos cunha soa cousa, só temos que botarlle imaxinación!
Neste caso faremos 3 xogos, comezamos:
O
primeiro xogo consiste en que os nenos freguen cun globo inchado contra a roupa. Cando estea ben electrizado, colócano no pelo,e teñen que percorrer unha distancia fixada sen que caia o globo do pelo, por exemplo o longo do corredor. Neste caso, deben ir e volver á liña de saída.
O segundo xogo consiste en que lle den o globo coas mans entre 5 e 10 veces sen caer. Difícil???
O terceiro e último xogo,consiste en que os nenos se coloquen sobre la liña de saída cun globo entre os nocellos. Ao sinal da nai/pai, van pegando saltitos cara á meta. Quedan eliminados os que deixan caer o globo ao chan ou o piquen. Gaña o neno que o consiga, se tedes irmáns podedes ganar ou perder os dous e se non tedes e o conseguides gañaredes vós!
Pasadeo moi ben!!! E xa nos contaredes cal foi o que vos gustou máis!!😉😃😃😃
"PUNTUACIÓN"
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".
1 FOTO: 1 PUNTO
1 VÍDEO: 10 PUNTOS
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM: 5 PUNTOS
Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo email de resposta:
(: MOITÍSIMO ÁNIMO!!!!!! :)
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.