MOI BOAS FAMILIAS!!! Como vai a semana??? Xa non queda nada para o fin de semana!!! jejeje!!!!
Estades preparad@s para o seguinte desafío??
Pois ala vai...
PASOS A SEGUIR:
1.Poñemos a manteiga nun bol e a derretimos uns segundos no microondas. En menos dun minuto, xa vemos que comeza a derretirse.
3. Engadimos o ovo e a esencia de vainilla á mestura e seguimos batendo ata que se integren.
4.Noutro bol mesturamos a fariña co fermento e engadímola á mestura de ovo, manteiga e azucre.
5.Coa axuda dun garfo comezamos a integrar os ingredientes secos cos líquidos. Cun coitelo partimos o chocolate en dados irregulares e incorporámolos á mestura anterior.
6.Cando teñamos unha especie de area comezamos a compactalos coas mans ata formar unha bóla.
7.Collemos pequenas porcións, duns 30 g. e formamos unha bóla coas mans.
8.Achatamos a bolita e colocámola sobre papel de forno ou parafinado nunha fonte de forno. Imos facendo o mesmo co resto da masa.
DESAFÍO 27: 22 de maio do 2020
PROBA MENTE EN FORMA
"TOCA COCIÑAR!"
PROBA MENTE EN FORMA
"TOCA COCIÑAR!"
Estamos seguras de que vos gustan tanto os doces coma a nós, por iso queremos ensinarvos unha receita super rica de galletas con chocolates. Estades prepaprados? Imos a elo!
INGREDIENTES:
- 250 g. fariña de trigo de todo uso
- 85 g. de manteiga
- 150 g. de azucre
- 1 ovo M
- ½ cdita. de fermento químico en po (4 g.)
- 1 cdita. esencia de vainilla (3 ml.)
- 100 g. de chocolate 70 % cacao
1.Poñemos a manteiga nun bol e a derretimos uns segundos no microondas. En menos dun minuto, xa vemos que comeza a derretirse.
2. Mesturamos a manteiga co azucre nun bol e comezamos a bater ata conseguir unha crema uniforme.
3. Engadimos o ovo e a esencia de vainilla á mestura e seguimos batendo ata que se integren.
4.Noutro bol mesturamos a fariña co fermento e engadímola á mestura de ovo, manteiga e azucre.
5.Coa axuda dun garfo comezamos a integrar os ingredientes secos cos líquidos. Cun coitelo partimos o chocolate en dados irregulares e incorporámolos á mestura anterior.
6.Cando teñamos unha especie de area comezamos a compactalos coas mans ata formar unha bóla.
7.Collemos pequenas porcións, duns 30 g. e formamos unha bóla coas mans.
8.Achatamos a bolita e colocámola sobre papel de forno ou parafinado nunha fonte de forno. Imos facendo o mesmo co resto da masa.
9.Co forno previanmente quente a 180ºC metémolas galletas, sempre coa calor arriba e abaixo ou coa opción de ventilador. Esperamos 15 minutos ata que vexamos que están doraditas. Despois retiramos deixámolas enfriar a disfrutamos delas!
Esperamos que vos guste esta receita e queremos ver os vosos resultados! así que non vos esquezades de mandarnos as vosas fotos ou ensinarnos os resultados na próxima video chamada!
PROBA CORPO EN FORMA
"Golf"
"Golf"
Hoxe imos practicar un deporte moi famoso, sabedes de cal se trata?? Do Golf!que consiste en meter a bóla nos buracos e por cada bóla que metades imos conseguir máis puntos, e quen consiga máis puntos, gaña!!!
Entón, para facer o seguinte desafío e poder xogar o golf precisamos: Unha caixa de cartón, tesoiras,un rotulador e folios.
1ºCollede a caixa de cartón e coa axuda dos vosos pais recortades en 4 cadrados no medio da caixa.
2ºCo rotulador ,arriba dos cadrados poñedes 5 puntos,10 puntos,15 puntos e 20 puntos.
3ºUnha vez feito, colledes os folios e os facedes en forma de bóla.
E agora...o máis importante! A xogar!!!!!Ánimo! a ver quen gaña a partida! jeje!
¡Moita sorte!
😃😃😃
¡Moita sorte!
😃😃😃
"PUNTUACIÓN"
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".
1 FOTO: 1 PUNTO
1 VÍDEO: 10 PUNTOS
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM: 5 PUNTOS
Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo email de resposta:
(: MOITÍSIMO ÁNIMO!!!!!! :)
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.