Ola familias!!
Como foi este fin de semana???Gustouvos o conto de onte??? Esperamos que si!! jeje!!Como xa vos dixemos, esta é a última semana do xogo "XAQUE O VIRUS" por iso, vos animamos a que participedes o máximo posible para seguir pasándoo moi ben e conseguilos puntos para derrotar ó virus!!!!
Esperamos que collérades moitas forzas estes días, e xa estedes preparad@s para o seguinte desafío??
Ala vai...
PROBA MENTE EN FORMA:
"Comida favorita"
Neste último lunse de maio, continuamos preguntándovos o que facedes no voso día a día. Queremos ver todas esas FOTOS DIVERTÍNDOVOS! No caso de hoxe, vos pedimos que nos mandedes fotos cun delantal a carón da vosa comida favorita!!! Jejeje!!!
A nosa comida favorita.....sabedes cal é???
As ALBÓNDEGAS!!!!! Mmmmm.... só de pensalo xa se nos fai a boca auga... jejeje!!!!
Así que xa sabedes, temos que axudar os noso pais a facer a nosa comida favorita e non vos esquezades de facerlle unha foto jejeje!!!! Que de seguro teñen moi boa pinta!!! 😋😋😋
PROBA CORPO EN FORMA:
"Calzado favorito"
Neste reto,como sabemos que vos gusta moito saír a pasear e facer exercicio, gustaríanos ver cal é o voso calzado favorito para facer deporte ou dar esos paseos que tanto vos gustan facer cada día. Por iso, vos pedimos que vos saquedes una foto camiñando, ou facendo algún tipo de exercicio con ese calzado tan chuli!!! No caso de Amazona, vai así vestida para facer deporte, cuns tenis negros, que son os seus favoritos!!!
😃😃😃
"PUNTUACIÓN"
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e
gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o
coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio
será 10 puntos e 10 "antivirus".
1 FOTO: 1 PUNTO
1 VÍDEO: 10 PUNTOS
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM: 5 PUNTOS
Lembra
que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto,
debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou
autorizarnos no mesmo email de resposta: