Bos días a todos e a todas! Como vos atopades hoxe?
Como sabedes nesta semana acábase unha etapa, coa que moitos de nós gozamos e pasámolo en grande, no xogo “Xaque ao Virus”;por iso, queremos de novo agradecer en especial a todas aquelas familias que participastes, axudándonos a derrotalo e sobre todo, GRAZAS por sacarnos un sorriso cada semana!!!!
Por outra banda, como este xogo está a piques de chegar o seu fin... sabedes o que eso significa? Que toca cando remata un xogo?
Por outra banda, como este xogo está a piques de chegar o seu fin... sabedes o que eso significa? Que toca cando remata un xogo?
Iso é! A ENTREGA DE MEDALLAS E DIPLOMAS!!!!🏅🏅🏅🏅🏅
Parabéns, sodes incribles! Lograstes chegar ata o final e VENCER O VIRUS! Agora coma recompensa tedes que ir buscar os vosos diplomas e medallas!
Para elo, deberedes acercarvos ata o Fórum Metropolitano os días 1, 2 e 3 de Xuño de 16:00 a 18:00h. Pero, como o Forum aínda non está aberto ao público, na entrada deberedes identificarvos, e recordade, O USO DE MASCARILLA É OBRIGATORIO!
Ao mesmo tempo,como ben se pode leer no título, igual que unha etapa chega ao seu fin, outra nova etapa da comezo.
Por iso,neste caso, informarvos que xa se abriron os prazos de preinsción para os campamentos de verán con "CON CILIA VERÁN 2020"
Por iso,neste caso, informarvos que xa se abriron os prazos de preinsción para os campamentos de verán con "CON CILIA VERÁN 2020"
A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade.
Nos seguintes enlaces poderedes encontrar toda a información referente ao programa de "Con Cilia no Cole", os formularios para as inscricións e as condicións a cumprir, e ademais toda a oferta que podedes encontrar na nosa cidade!
E se tedes algunha duda no seguinte enlace encontrades a web da federación provincial de anpas onde poderedes encontrar o seu correo e o número de teléfono!
Recordarvos que hoxe temos unha videochamada de despedida ás 4 da tarde, onde haberá sorpresas!!!
Pasade un bo día!!!😘😘😘
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.