IDIOMA

luns, 1 de xuño de 2020

ATA PRONTO AMIG@S!!!

RESULTADOS FINAIS:

O xogo "XAQUE O VIRUS" chega ao seu FINAL, acadando case 40.000 ANTIVIRUS obtidos polos 27 centros participantes tras 10 semanas de xogo. Un total de 5.521 respostas aos retos propostos ( máis de 500 por semana), xunto coas máis de 700 participantes en sesións on-line, fixeron posible acadar 39.286 puntos.


 O reparto destes puntos foi o seguinte:

Só nos queda agradecer a participación de tódalas FAMILIAS e a colaboración desinteresada de MÚSICOS, ACTRICES, ESCRITORES e demáis personalidades do mundo da cultura, que animastes a participar aos NENOS e NENAS dos diferentes colexios da cidade. 
GRAZAS !!!



Por outra banda, para rematar, tamén queríamos darlle as GRAZAS en especial a:

Gabriel, Carla, Pedro, Julia, Santi e Ainara; por participar semana tras semana facéndoo de maravilla!!! por iso, lles preparamos a seguinte sorpresa:
Un mini-xogo onde cada un dos persoaxes son eles!!!! ( para acceder tedes que facer click enriba da imaxe) 

Mini Juego Niños Rosario
E grazas o esforzo que fixeron todos xuntos puideron VENCER O VIRUS!!!!  Gañando así unha medalla!!! 🏅

Mini-juego niños Rosario
GRAZAS!!! FELIZ VERÁN!!! 
E... MOITO ÁNIMO CAMPIÓNS!!!! 😃😃😃

xoves, 28 de maio de 2020

FIN DUNHA ETAPA...COMEZO DUNHA NOVA!

Bos días a todos e a todas! Como vos atopades hoxe?

Como sabedes nesta semana acábase unha etapa, coa que moitos de nós gozamos e pasámolo en grande, no xogo “Xaque ao Virus”;por iso, queremos de novo agradecer en especial a todas aquelas familias que participastes, axudándonos a derrotalo e sobre todo, GRAZAS por sacarnos un sorriso cada semana!!!!  
Por outra banda, como este xogo está a piques de chegar o seu fin... sabedes o que eso significa? Que toca cando remata un xogo? 

Iso é! A ENTREGA DE MEDALLAS E DIPLOMAS!!!!🏅🏅🏅🏅🏅
Parabéns, sodes incribles! Lograstes chegar ata o final e VENCER O VIRUS! Agora coma recompensa tedes que ir buscar os vosos diplomas e medallas! 

Para elo, deberedes acercarvos ata o Fórum Metropolitano os días 1, 2 e 3 de Xuño de 16:00 a 18:00h. Pero, como o Forum aínda non está aberto ao público, na entrada deberedes identificarvos, e recordade, O USO DE MASCARILLA É OBRIGATORIO!

Ao mesmo tempo,como ben se pode leer no título, igual que unha etapa chega ao seu fin, outra nova etapa da comezo.
Por iso,neste caso, informarvos que xa se abriron os prazos de preinsción para os campamentos de verán con "CON CILIA VERÁN 2020"


 Toda la oferta de campacoles Ayuntamiento de La Coruña


A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade.



Nos seguintes enlaces poderedes encontrar toda a información referente ao programa de "Con Cilia no Cole", os formularios para as inscricións e as condicións a cumprir, e ademais toda a oferta que podedes encontrar na nosa cidade!

 "Con Cilia no cole" tríptico
 Formulario de Inscripción



E se tedes algunha duda no seguinte enlace encontrades a web da federación provincial de anpas onde poderedes encontrar o seu correo e o número de teléfono!
Federación Provincial de ANPAS de Centros ...

Recordarvos que hoxe temos unha videochamada de despedida ás 4 da tarde, onde haberá sorpresas!!!
Pasade un bo día!!!😘😘😘

mércores, 27 de maio de 2020

DESAFÍO 29


MOI BOAS FAMILIAS!! COMO IDES??

Xa sabedes que estamos a piques de chegar o final de este xogo do “ XAQUE O VIRUS” e non nos cansaremos de dicir o orgullosas que estamos de tod@s que estades facendo os retos e participando todo tempo. Estádelo facendo xenial e esperamos que neste último reto vos encante e o pasedes de MARAVILLA!!! 

Agora, estades preparados para rematar os retos?? Pois ala vai...

DESAFÍO 29 : 27 de mayo do 2020
PROBA MENTE EN FORMA
"OS AGRICULTORES"


Hoxe imos aprender unha cousa moi importante, ímosvos a ensinar a facer un invernadoiro para que plantedes as vosas semillas. Estades listos? Imos a elo!

MATERIAIS:
- Papel de cociña
- Unha bolsa de plástico das de conxelar (se pode ser pequena mellor)
- Unha cartulina (ou se non tedes, dous folios)
- Lentellas ou o legume que queirades sementar
- Unha pouca de auga
- Pegamento ou fixo
-Rotuladores ou pinturas
-Tesoiras
Pasos a seguir:
1- Poñemos as lentellas ou o legume que queirades a remollo unhas 4 ou 5 horas.

2- Unha vez blandiñas, collemos o papel de cociña e mollámolo un pouco.

3- Metémolo papel na bolsa e colocamos as lentellas.

4- Agora ca cartulina ou folio cortámola como se fose unha casiña, e no centro facemos un cadrado coma se fose unha gran ventá e decorámola ao noso gusto.

5-Co fixo ou pegamento pegámola bolsa pola parte de detrás para que queden as lentellas á vista pola ventá.

6- Poñémola xunto unha ventá para que lle de o sol, e se tedes unha ventosa, podedes facer un burato pola parte de arriba do invernadoiro e cun cordel atarlle a ventosa para deixalo colgado da ventá.

7-E por último,só nos queda disfrutar de ver como crecen as nosas legumes, e cando saquen xa raíces grandes, pasámolas a unha maceta!

Non vos esquezades de mandarnos as fotos dos vosos invernadoiros, queremos ver coma crecen as vosas legumes!

PROBA CORPO EN FORMA

"BAILE DO SAPITO"

Hoxe imos proporvos a que bailedes o rimo dun personaxe un tanto especial...Queredes saber quen é?



SIII!! Imos a por o noso corpo en movemento a través do sapito bailarín... De seguido,  deixámosvos un vídeo do
 “ Baile do Sapito” no cal ensínanos unha coreografía moi marchosa.  

Estades preparados para mover o voso esqueleto?¿

Pois...dentro vídeo!!!



Esperamos ansiosas os vosos vídeos para ver o ben que o facedes e por suposto o ben que o pasades!!

 A DISFRUTAR!!! QUE XA QUEDA MOI POUQUIÑO!!! : )
"PUNTUACIÓN"

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".




1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM:  5 PUNTOS

Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo email de resposta: 



(: MOITÍSIMO ÁNIMO!!!!!! :) 
E GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!

martes, 26 de maio de 2020

ÚLTIMAS SESIÓNS ON-LINE!


Ola familias!!! Como levades a última semana de maio???
Como xa sabedes estades conseguindo con todos os puntos da vosa participación Derrotar o Virus!!!!!
Por iso queremos continuar esta semana tamén coa diversión on-line!

ESTE É O CALENDARIO DE ESTA SEMANA




RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 


ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM

MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIONS!!!!!
FELIZ MARTES :)

luns, 25 de maio de 2020

DESAFÍO 28



Ola familias!! Como foi este fin de semana???Gustouvos o conto de onte??? Esperamos que si!! jeje!!Como xa vos dixemos, esta é a última semana do xogo "XAQUE O VIRUS" por iso, vos animamos a que participedes o máximo posible para seguir pasándoo moi ben e conseguilos puntos para derrotar ó virus!!!!

Esperamos que collérades moitas forzas estes días, e xa estedes preparad@s para o seguinte desafío?? 
Ala vai...


DESAFÍO 28: 25 de maio do 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "Comida favorita"
Neste último lunse de maio, continuamos preguntándovos  o que facedes no voso día a día. Queremos ver todas esas FOTOS DIVERTÍNDOVOS! No caso de hoxe, vos pedimos que nos mandedes fotos cun delantal a carón da vosa comida favorita!!! Jejeje!!! A nosa comida favorita.....sabedes cal é??? As ALBÓNDEGAS!!!!! Mmmmm.... só de pensalo xa se nos fai a boca auga... jejeje!!!!


Así que xa sabedes, temos que axudar os noso pais a facer a nosa comida favorita e non vos esquezades de facerlle unha foto jejeje!!!! Que de seguro teñen moi boa pinta!!! 😋😋😋




PROBA CORPO EN FORMA:

"Calzado favorito"



Neste reto,como sabemos que vos gusta moito saír a pasear e facer exercicio, gustaríanos ver cal é o voso calzado favorito para facer deporte ou dar esos paseos que tanto vos gustan facer cada día. Por iso, vos pedimos que vos saquedes una foto camiñando, ou facendo algún tipo de exercicio con ese calzado tan chuli!!! No caso de Amazona, vai así vestida para facer deporte, cuns tenis negros, que son os seus favoritos!!!
Agora queremos vervos a vós!!! :)

😃😃😃
"PUNTUACIÓN"
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".


1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ QUE NON ESTÁ NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 
NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA
CADA NENO/A E FAMILIAR QUE SE CONECTE CON NÓS A ZOOM:  5 PUNTOS

Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo email de resposta: 




CLASIFICACIÓN 9ª SEMANA

RESULTADOS FINAIS DA 9ª SEMANA:

PARABÉNS!!!!!! Xa non queda nada!!! Estádelo facendo de maravilla!!!

Como podedes comprobar o noso colexio quedou no posto número :14!!!
Como sabedes hoxe comeza a última semana deste xogo, por iso vos animamos a que fagades o último esforzo para conseguir derrotar ao virus!!!!



MOITO ÁNIMO CAMPIÓNS!!!! 😃😃😃