IDIOMA

martes, 31 de marzo de 2020

ENLACES DE INTERESE

Aquí estamos de novo!!!! O final que lugares escolléchedes??? Son moi bonitos, a que si?

Pois hoxe pasámonos por aquí para deixarvos máis enlaces de interese, neste caso, como sabedes os nenos aprenden Lingua de Signos con nós , por iso, neste caso queremos darvos as familias recursos para que tamén podades aprender en con eles!!!!

E que mellor que aprender signos relacionado coa temática da FAMILIA! :


https://www.youtube.com/watch?v=TsbGxLM3dLA

https://www.youtube.com/watch?v=bUw4VoE1Ek0






Xa nos contaredes se vos pareceu fácil ou non! Moito ánimo!!!!!


luns, 30 de marzo de 2020

DESAFÍO 4

Parabéns!!!!! Volvíchedes superar os desafíos con éxito!!!! Seguide así e vencerémolo virus!!!
Continuamos...

DESAFÍO 4: 30 de marzo do 2020

PROBA CORPO EN FORMA: 
"Salto de vasoira"


Neste desafío imos utilizar outra vez os elementos da proba anterior, pero de formas distintas, para que vexades como podedes sacar varios xogos cunha soa cousa, só temos que botarlle imaxinación!


Entón os materiais que imos utilizar son a vasoira e o papel hixiénico.

O primeiro será colocar a vasoira ao noso lado desta forma.



O principio do reto consiste en tentar saltar 5 veces dun lado ao outro da vasoira, se pode ser, cos pés xuntos.


Despois engadirémoslle máis dificultade, xa que iremos poñendo rolos de papel hixiénico nas dúas puntas da vasoira para que se levante un pouco e ver ata que altura damos pasado!


PROBA MENTE EN FORMA:
“ Lávate as mans”


No anterior desafío xa podechedes ver a importancia que ten o xabón para facer que marche o coronavirus.

Pois hoxe neste desafío vamos a ensinarvos o importante que e lavarse correctamente as mans.

Para elo precisaremos de rotuladores, auga, xabón e papel desbotable.


Estades preparados???



Pois alá vai...dentro VÍDEO!!!
                   




E ROCORDADE!

1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ DO TEU COLEXIO QUE NON ESTA NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 


NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA

Lembra que se estas interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes abrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail de resposta: 

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9





Esperamos os vosos videos e fotos superando estas probas, e esperamos que as nais, os pais e os vosos amiguitos tamén se animen e participen!

MOITO ÁNIMO!!!

CLASIFICACIÓN 1ª SEMANA

RESULTADOS FINAIS DA 1ª SEMANA:




PARABÉNS!!!!!!!


Como podedes ver o noso colexio quedou no posto número 11!!!
Estádelo facendo XENIAL!!!!!!


ÁNIMO CAMPIÓNS!!!!

sábado, 28 de marzo de 2020

RESPOSTAS 1ª SEMANA

Ola familias!!!!! Como estades????? polo que vimos nas fotos e nos vídeos moi ben :) 
MOITÍSIMAS GRAZAS a todas as familias que estades participando!!!! En especial a Carla e Gabriel!!!



Por favor, seguide así!!!!!!














:) MOITO ÁNIMO!!!!!! (:

venres, 27 de marzo de 2020

DESAFÍO 3


Parabéns, se chegastes aquí é que superastes con éxito a segunda proba, así que imos a pola seguinte...

DESAFÍO 3: 27 de marzo do 2020

PROBA CORPO EN FORMA: 
"MANTÉMONOS EN FORMA...CON COUSAS DO FOGAR!"

Nesta corentena é moi importante manterse en forma, e para iso, hoxe imos axudarnos de cousas que atoparemos nas nosas casa. Imos necesitar: - Papel hixiénico - Unha vasoira - E a axuda das nosas mamás e papás

1ºLANZAMENTO HIXIÉNICO

Nesta proba imos ter que demostrar a boa puntería que temos no lanzamento de papel hixiénico.
Colocámonos enfronte de mamá ou papá cun rolo de papel na man, e imos ter que pasárnolo tantas veces como sexamos capaces en 30 segundos, pero estade atentos e áxiles porque non se pode caer ao chan, se non volveredes empezar!



2º O LIMBO DA VASOIRA

Nesta proba imos precisar do pau da vasoira, que nos servirá para xogar ao limbo. Este xogo consiste en que mamá ou papá suxeitan o pau mentres vos ides ter que demostrar o flexibles que podedes chegar a ser, a ver canto podedes chegar a baixar o pau! Mamás e papás animádevos e xogade vos tamén para ver canto podedes baixar!







PROBA MENTE EN FORMA: 

“ Como combater o coronavirus”

Unha vez que xa púxechedes en movemento o voso corpo , vamos a traballar o noso enxeño e para elo imos a converternos en pequenos científicos polo que os propoñemos un experimento, o cal chamarémoslle “ Como combater o coronavirus”. Nel vamos a poder comprobar a importancia que ten o xabón para facer marchar este virus tan malo, que non nos deixa saír das nosas casas.

Para elo precisamos dun prato, auga, pementa negra e xabón.

Pero...como o levaremos acabo?? Estades

preparados??



1,2,3...dentro vídeo!!!




NON VOS ESQUEZADES DE ENVIARNOS AS VOSAS FOTOS E VIDEOS FACENDO OS RETOS!!

xoves, 26 de marzo de 2020

ENLACES DE INTERESE

Sabedes unha cousa...??? Xa queda menos para poder saír da casa 😄😄😄

E sabedes o que eso significa??? Que poderemos ir a moitísimos sitios novos!!!!

Por iso, vos deixamos estos enlaces de interese para que lle botedes unha ollada 😉

https://www.escapalandia.com
https://www.galiciamaxica.eu/mini



Xa nos contaredes que lugar escolledes!!!!


mércores, 25 de marzo de 2020

DESAFÍO 2

Parabéns!
Se estás a ver isto, é porque significa que entre todos superastes o primeiro reto, o que significa que xa temos algún antivirus… seguimos e ... a polo DESAFÍO 2!!





DESAFÍO 2: 25 de marzo do 2020






PROBA CORPO EN FORMA: "Todos a bailar"




Todos sabémolo importante que é o exercicio físico para o noso benestar e saúde física e mental. Ao día é recomendable facer un mínimo de 20 - 30 minutos de exercicio, pero o quedarnos na casa non vai supoñer un problema, porque con imaxinación, diversión e moito movemento, conseguiremos superar este desafío.

Propoñémosvos deseñar un baile ou coreografía moi sinxela con esta canción:



Non dubidedes en pedirlle colaboración aos vosos pais, irmáns ou que estea convosco na casa.


PROBA MENTE EN FORMA: "Eu tamén levo máscara"

Por outro lado, como ben sabedes estes días é moi importante a limpeza e a seguridade,así que vamos a ensinarvos a facer unhas máscaras caseiras súper bonitas!!!
Para levalo a cabo necesitaremos rotuladores, papel de cociña ou un pano de mesa e unhas tesoiras que só ás utilizarán os adultos.
                                              

Estades listos????





Preparados...listos....dentro vídeo!!!







"PUNTUACIÓN"

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".

1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ DO TEU COLEXIO QUE NON ESTA NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 


NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA

luns, 23 de marzo de 2020

DESAFÍO 1


DESAFÍO 1: 23 de marzo do 2020

PROBA MENTE EN FORMA:
"A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso este lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo que resulta obligatoria pra todos, nestos días e que nos une e fai fortes.
O desafío consiste en facer visible o lema #QuedateNaCasa en debuxos, carteis, pinturas na cara ou da maneira que se vos ocorra.




PROBA CORPO EN FORMA:
"Quentando motores" 


Pra manterse en forma hai que exercitarse en casa. Propoñémoste facer 5 exercicios sencillos para comezar ben o día:

Exercicio 1: De pé poñéndose de puntillas. Repetir 10 veces
Exercicio 2: De pé  coas máns na cintura xirar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara diante cos brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara arriba cos brazos.
Exercicio 5: De pé e coas máns na cintura xirar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.



"PUNTUACIÓN"

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto fapasrosario@gmail.com e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se lo que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".

1 FOTO:  1 PUNTO
1 VÍDEO10 PUNTOS 
1 FOTO DE OUTRA PERSOA DA CASA OU DE OUTRO AMIG@ DO TEU COLEXIO QUE NON ESTA NAS ACTIVIDADES : 1 PUNTO EXTRA 


NO CASO DE ENVIAR O VÍDEO : 10 PUNTOS EXTRA



Atréveste?? Pois adiante….













domingo, 22 de marzo de 2020

XAQUE MATE AO VIRUS



Xogo virtual



Este xogo on-line preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Ocio, ante a realidade que estamos vivindo coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios ata o día 11 de Abril, prorrogable algún tempo máis. 


Trátase dun sistema telemático no que se plantea a participación on-line dos nenos e nenas inscritos en no Programa de Ocio (Deporte no Centro, Ocio Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título:  Xaque Mate a virus.

O obxetivo é facilitar ferramientas de ocio alternativas, colaborando na tarea de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, aportando o noso granito de area. 


O Xogo consiste nun tableiro virtual que contén 19 retos a superar relacionados con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, dende a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ata os valores como a solidaridade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestos momentos que estamos vivindo.


A presentación dun novo reto farase cada día (luns,mércoles e venres) no siguinte blog:  fapasrosario.blogspot.com


Se ese reto se supera entre todos os nenos e nenas do noso cole, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando.
A clasificación do xogo cas puntuaciones por centro, pondrase unha vez presentados os retos.  




¡ATRÉVETE! 



UNIDOS VENCEREMOS